Non hai moitos meses incorporei un apuntamento que reparaba nalgúns manuscritos de Rilke que atopara na rede. Unha amiga, sabedora da miña querenza por estes enredos que incorporo ao blog, agasalloume cun fermoso libro (reprodúcese a cuberta na parte superior), deses que particularmente eu cría que non debían existir pois, nunha requintada pero accesible e popular edición con ilustracións de Max Slevogt, inclúe soamente poemas manuscritos da autor alemán, escritos entre 1902 e 1917, engadindo nun apéndice final a súa transcrición. Ao que puiden saber existe una serie íntegra editada con esta intención divulgadora que subliña a dimensión artística destes textos. Abaixo pódese ver un poema manuscrito e tamén a súa correspondente transcrición: tan só dous dos moitos tesouros que agocha este volume que moito agradezo.