Bisa Bea, Bisa Bel, de Ana María Machado

Hai xa algún tempo que me solicitaron, desde a Editorial Galaxia, acometer a tradución dun entrañable e conmovedor libro dunha escritora brasileira que moito admiro como lector e que é Ana María Machado. Tratábase do título Bisa Bea, Bisa Bel, un libro que acadara unha extraordinaria difusión en América e que, felizmente, acaba de saír á rúa esta mesma semana nunha fermosa edición, con suxestivas ilustracións da man de Almudena Aparicio.

Non sería acaído falar aquí do libro e non o vou facer. Mais si quixera dicir que entrar no universo literario de Ana María Machado resultou, outra vez, unha experiencia fascinante e para min supuxo todo un luxo verter ao galego a unha das autoras da literatura infantil e xuvenil máis salientables do mundo que, ademais, colleu o relevo, entre outros galardóns recibidos ao longo da súa dilatada carreira literaria,  do premio Iberoamericano SM que na anterior edición conseguira o noso Agustín Fernández Paz. Moitas grazas.