Como se fixo o Oxford English Dictionary en 1925

Unha ollada fascinante aos primeiros días da impresión mecanizada do libro a través dun vídeo que amosa o traballo na Oxford University Press: unha recuperación a través das imaxes que explica a tradición dos moldes para facer os tipos de chumbo, como eran as máquinas para compoñer ou cal a dinámica do proceso de encadernación. Realmente fascinante  para quen amamos os libros (vía openculture).