E van dez anos sen Xela Arias

Van hoxe dez anos do falecemento de Xela Arias como ben se encargou Marga Romero de lembrárnolo onte. Dez anos despois daquela noticia tan cruel  ela pervive nos seus libros e na memoria dos que tivemos a sorte de coñecela e tratala. Que se fale dela como candidata ás Letras Galegas, estou certo, provocaríalle un ricto de ironía mais sería ben xusto recoñecer a súa iconoclasta, afouta e singular achega literaria, tamén a súa traxectoria no ámbito da edición e todo que significaron os seus últimos anos dedicados á docencia. Sempre Xela na memoria.