Vin hai algún días, a través dun chío do meu querido Agustín Fernández Paz, a foto superior que reproduce un primeiro plano das coitelas que se instalan no valado fronteirizo de Melilla e que non son quen de tirar da cabeza. Lamento descoñecer o nome do fotógrafo ou fotógrafa que realizou ese traballo pero vaia desde aquí o meu agradecemento por este documento pois teño para min que a instantánea fala por si soa: unha metáfora visual das miserias e do espírito retrógrado e inhumano que inspiran a actuación das persoas responsables desta decisión. Indignante, sen ningunha dúbida.