Fragmento de "Cartografías de Xela Arias" de Manuel Bragado

Urxe unha edición da poesía completa de Xela Arias, reunindo a súa obra édita e dispersa (e mesmo quizais a inédita). Urxe que as tres facultades de filoloxía galega promovan investigacións e traballos críticos sobre unha autora que non se compraceu, que nunca se aliou, convencida que “vencerse é cousa de se tratar” (un dos seus versos máis inquedantes). A Real Academia Galega debería considerar a súa candidatura para un dos vindeiros 17 de maio.

 Fragmento de “Cartografías de  Xela Arias“, de Manuel Bragado (fermoso e relevante artigo do que recomendo a súa lectura íntegra).