Manuscritos: Sabela González (I)

Unha das noticias do ano literario, no que a literatura infantil e xuvenil se refire, foi a aparición dunha nova voz que, coa primeira entrega dunha triloxía narrativa, xa se fixo cun lugar de seu . Falo de Sabela González e o seu As crónicas de Landereina, libro que vén de esgotar a súa primeira edición.

      Sabela González visita hoxe a bitácora a autora para amosar algunhas mostras manuscritas do seu traballo e para compartir algunhas reflexións sobre o seu traballo literario e os soportes que emprega. No que respecta a isto último confesa que adoita escribir no ordenador aínda que considera que a relación que garda cos cadernos non dubida en cualificala como unha adicción e na súa maior parte “están cheos de notas, anacos de historias, debuxos, esquemas…”. Este é a dinámica máis operativa que lle resulta para ordenar as ideas: “á man, con letra miúda”, unha caligrafía que se aplicou en mellorar: “cando vivín en Francia, facendo un Eramus en Bretaña, teimei en aprender a empregar a pluma coma todos os estudantes que vía por alí: ao ser zurda e revirar a man para escribir, sempre acababa co maimiño manchado de tinta, pero coa pluma aprendín a endereitar a man e coido que a miña letra mellorou… Aínda que só fose un chisco”.

       Revelou máis extremos con respecto aos seus hábitos de escrita e cuestión referidas ás Crónicas…,  que pospoño para outro apuntamento. Reproduzo aquí, iso si, un debuxo con parte do texto do conto “Ela e a lúa” e que pode consultar premendo aquíoutra ilustración do relato homónimo e mais un debuxo-micropoema, froito do traballo desenvolto nun obradoiro de Francisco Castro.

 

 

1 Comment

Os comentarios están pechados.