Tras o acerto, e mais o éxito de crítica e lectores, que supuxo a edición da escolma poética de Antonio G. Teijeiro, engádese hoxe outra mostra manuscrita que, no seu día, o autor tivo a ben enviar a esta bitácora para compartir. Trátase, igualmente, dun poema incluído orixinalmente no seu libro Paseniño, paseniño e traballado, como se ve, intensamente. Grazas!
2 Comments
Os comentarios están pechados.
segue a traballar a cada hora…sempre na palabra…esa pa que labra…que labra…esa pa…a palabra…velaí o tear do seu facer … a poesía…antón…a poesía…esa fortaleza túa…esa forza…esa arma de ilusión masiva…a pa que labra…