Publicacións recibidas (XIII)

 

Un amigo agasalloume onte con este exemplar de Pensamento e sementeira. Leiciós de patriotismo galego: un monllo de artigos e reflexións de Antón Villar Ponte que viron a luz compilados en 1971 con prólogo de Salvador Lorenzana e que editou Ediciones Galicia en Buenos Aires. Non sabe ben este amigo o que lle agradezo a xenerosidade, ou talvez si que o sabe  pois non dera con ningún exemplar nin  na cidade na que se editara. Un libro ao que cómpre volver e aprender. Beizón.