Manuscritos: Rosalía de Castro (I)

Vai concluíndo o ano rosaliano entre nós e resulta ineludible que por esta sección se atope a presenza de Rosalía de Castro. Abro hoxe unha serie dedicada á poeta inaugural da nosa tradición literaria contemporánea mercé á reprodución dalgúns manuscritos tirados da publicación Inéditos de Rosalía, que Juan Naya editou co selo das publicacións do Patronato Rosalía de Castro no ano 1953. O meu agradecemento a Suso Díaz polo seu interese e xenerosidade e a Juan Romero pola axuda técnica (engado abaixo a transcrición do manuscrito).