Manuscrito: Xavier Queipo (II)

Por volta de un ano, incluíra nesta sección un primeiro apuntamento vinculado con algunhas dinámicas creativas de Xavier Queipo. Nel reflectíanse as subtraccións e engadidos cos que operaba nunha primeira versión dun manuscrito mecanografado. Como continuación da serie engádese hoxe estoutra mostra do seu traballo que amosa dúas páxinas cos esquemas ideados para unha conferencia sobre literatura e cinema que ofreceu no encontro “Letras na raia”, ao meu ver moi operativas para advertir a estruturación do pensamento a través da escrita, isto é, os fluxos das ideas e as súas relacións (foto do autor: Ce Tomé).

1 Comment

Os comentarios están pechados.