Cuestionario Proust: María Xosé Queizán

Dou comezo hoxe, e para min é moi gratificante facelo cunha escritora que admiro como é María Xosé Queizán, a unha serie de apuntamentos que acollerán as respostas de escritoras e escritores de noso ao arquicoñecido, minimamente retocado, cuestionario Proust. Sen dúbida, un método un pouco inquisitorial e bastante vintage pero, talvez, operativo para ir coñecendo un pouco máis a personalidade das persoas que teñen a ben colaborar e construír tamén esta bitácora compartindo as súas respostas. Grazas!

 1.– Principal trazo do seu  carácter?

–   A insubmisión.

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

–  A   integridade.

3.– Que agarda das súas amizades?

– Cariño.

4.– A súa principal eiva?

– A obstinación.

5.–  A súa ocupación favorita?

-Escribir.

6.–  O seu ideal de felicidade?

-A igualdade entre as persoas.

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

-Deixar de pensar.

8.– Que lle gustaría ser?

– O que son.

9.– En que país desexaría vivir?

– No que vivo.

10.– A súa cor favorita?

-Ocres, siena, as follas mortas.

11. – A flor que máis lle gusta?

– A da magnolia nigra.

12.– O paxaro que prefire?

– O cóndor.

13.– A súa devoción na prosa?

–  Marguerite Yourcenar.

14.– E na poesía?

– Eugénio de Andrade.

15.- Un libro?

La Segunda Creación de Ian Wilmut, Keith Campbell e Colin Tudge.

16.– Un heroe de ficción?

-Frankenstein.

17.– Unha heroína?

-Antígona.

18.– A súa música favorita?

– O jazz.

19.– Na pintura?

-Patinir.

20.–  Un heroe ou heroína na vida real?

-Rosa Luxemburgo.

21.– O seu nome favorito?

– Zoila.

22.– Que hábito alleo non soporta?

-A impostura.

23.– O que máis odia?

– O patriarcado.

24.– A figura histórica que máis despreza?

-José María Aznar.

25.– Un feito militar que admire?

-Ningún.

26.– Que don natural lle gustaría ter?

-Traballar con lucidez moitos anos.

27. – De que maneira lle gustaría morrer?

-Con sentido e sen dor.

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

– O optimismo.

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

– Os físicos.

30.– Un lema na súa vida?

– Autonomía.

1 Comment

Os comentarios están pechados.