Cuestionario Proust: Darío Xohán Cabana

Darío Xohán Cabana 

1.– Principal trazo do seu  carácter?

– A obstinación.

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

– A bondade.

3.– Que agarda das súas amizades?

– Amizade.

4.– A súa principal eiva?

– Os ataques de cólera.

5.–  A súa ocupación favorita?

– Traducir poesía.

6.–  O seu ideal de felicidade?

– Vivir sempre coa miña familia.

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

– Non quero pensar nela.

8.– Que lle gustaría ser?

– Xubilado.

9.– En que país desexaría vivir?

– Aquí, que xa estou afeito.

10.– A súa cor favorita?

– O arco da vella.

11. – A flor que máis lle gusta?

– As espontáneas dos pasteiros.

12.– O paxaro que prefire?

– O ouriol.

13.– A súa devoción na prosa?

– Por exemplo, o autor de La mort le roi Artu.

14.– E na poesía?

– Por exemplo, Dante.

15. Un libro?

– As tres partes d’Os tres mosqueteiros (con Vinte anos despois e O vizconde de Bragelonne).

16.– Un heroe de ficción?

– Ulises.

17.– Unha heroína?

– Rotbaf Luden.

18.– A súa música favorita?

– Leonard Cohen e por aí.

19.– Na pintura?

– Botticelli.

20.–  Un heroe ou heroína na vida real?

– Fidel Castro.

21.– O seu nome favorito?

– Leonor.

22.– Que hábito alleo non soporta?

– Tirar comida.

23.– O que máis odia?

– O fascismo.

24.– A figura histórica que máis despreza?

– Desprezar, Fernando VII. Odiar, Hitler.

25.– Un feito militar que admire?

– A Revolución de Abril.

26.– Que don natural lle gustaría ter?

– Cantar ben.

27. – De que maneira lle gustaría
morrer?

– Non me gustaría.

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

– Oscilante: entre o entusiasmo e o desánimo.

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

– Os que non lle fan mal a ninguén.

30.– Un lema na súa vida?

– Non ter lemas.

1 Comment

Os comentarios están pechados.