Cuestionario Proust: Begoña Caamaño

Begoña Caamaño

1.– Principal trazo do seu  carácter?

-A alegría.

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

-A bondade.

3.– Que agarda das súas amizades?

– Que me queiran como eu as quero.

4.– A súa principal eiva?

– A preguiza.

5.– A súa ocupación favorita?

-A lectura.

6.–  O seu ideal de felicidade?

– Viver nun mundo sen inxustizas cheo de mulleres e homes libres e felices.

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

-A dependencia física e a demencia.

8.– Que lle gustaría ser?

-Boa persoa.

9.– En que país desexaría vivir?

– Na Galiza liberada (e con menos choiva).

10.– A súa cor favorita?

-Lila.

11. – A flor que máis lle gusta?

-O tulipán.

12.– O paxaro que prefire?

-As andoriñas.

13.– A súa devoción na prosa?

-Cortázar, Clarice Lispector.

14.– E na poesía?

-Ana Romaní, Miguel Hernández.

15. Un libro?

– Todo canto amei, de Siri Hustvedt

16.– Un heroe de ficción?

-Trancos (nesa faceta, do Señor dos aneis)

17.– Unha heroína?

– Ana Karenina, a Malinche.

18.– A súa música favorita?

-Folk, Uxía.

19.– Na pintura?

-Kandinski.

20.–  Un heroe ou heroína na vida real?

– Frida Khalo.

21.– O seu nome favorito?

-O que ten calquera das persoas que amo.

22.– Que hábito alleo non soporta?

-A ruindade.

23.– O que máis odia?

-O fascismo, a intolerancia.

24.– A figura histórica que máis despreza?

-Franco, Hitler.

25.– Un feito militar que admire?

-A toma da Bastilla; o asalto ao cuartel de Moncada.

26.– Que don natural lle gustaría ter?

-Estar dotada para a música.

27. – De que maneira lle gustaría morrer?

-Durmindo, sen dor.

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

-A alegría.

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

– A preguiza, os medos.

30.– Un lema na súa vida?

 -Canto máis feliz sexan os demais, máis feliz serei eu.

1 Comment

Os comentarios están pechados.