Cuestionario Proust: Xavier Alcalá

Xavier Alcalá

1.– Principal trazo do seu  carácter?

-A curiosidade por todo.

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

-A coherencia.

3.– Que agarda das súas amizades?

-Non as ter que cultivar.

4.– A súa principal eiva?

-A impertinencia.

5.–  A súa ocupación favorita?

-Escribir.

6.–  O seu ideal de felicidade?

-A saúde de corpo e mente.

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

-Ser cego.

8.– Que lle gustaría ser?

-Escritor.

9.– En que país desexaría vivir?

-No impaís en que vivo.

10.– A súa cor favorita?

-A do mar.

11. – A flor que máis lle gusta?

-As flores parécenme ridículas.

12.– O paxaro que prefire?

-A aguia.

13.– A súa devoción na prosa?

-As historias que foron ou puideron ser certas.

14.– E na poesía?

-A completa, ou sexa: con rima.

15. Un libro?

O Crime do Padre Amaro.

16.– Un heroe de ficción?

-O Capitán Nemo.

17.– Unha heroína?

Walkíria (dunha novela que estou a escribir).

18.– A súa música favorita?

-A de Vinícius de Moraes.

19.– Na pintura?

-Velázquez.

20.–  Un heroe ou heroína na vida real?

-O piloto Vilariño.

21.– O seu nome favorito?

-Luís.

22.– Que hábito alleo non soporta?

-A repetición de chistes.

23.– O que máis odia?

-Que non me entendan cando digo as cousas claras.

24.– A figura histórica que máis despreza?

-Franco (“Cerillita”).

25.– Un feito militar que admire?

-A batalla de Midway.

26.– Que don natural lle gustaría ter?

-Cantar ben.

27. – De que maneira lle gustaría morrer?

-Lendo.

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

-A ansia de facer.

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

-A falta de intelixencia.

30.– Un lema na súa vida?

-Vivir para escribir.

1 Comment

Os comentarios están pechados.