Mañá mércores ás oito da tarde andarei, a carón do meu amigo Luís Ferreiro, polas instalacións do Club de Lectura da Biblioteca Municipal Daniel Castelao en Silleda para falarmos de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro e do que cumpra. Non oculto que a visita me preocupa un pouco pois sempre exercín de anfitrión nestes asuntos e nunca vin as cousas desde a outra parte. Mais coma sempre hai unha primeira vez asistirei moi feliz, loxicamente. E grazas tamén pola invitación que se me cursou.
2 Comments
Os comentarios están pechados.
Alégrome pola sorte que vai ter o público! Cando falamos del en Tui???? Así podemos vernos!
Grazas, Marga. Sempre tan atenta. Cando queiras, por suposto!!! Bico.