Manuscritos: Lois Antón

Incorporo hoxe un manuscrito do poeta ourensán Lois Antón, que ademais me honra coa súa amizade. Algunha vez pasou por esta bitácora, tanto polo seu Vellos e novos cantares como, máis recentemente, pola publicación das súas pezas teatrais presentadas baixo o título de Lembranzas dun tempo esquecido.

      Lois Antón é un autor que escribe maioritariamente a man, desde o autodidactismo, agasallando moitas mostras da súa poesía porque, ademais, é unha persoa moi xenerosa. O galano de hoxe é este poema de verbo acendido que moito lle agradezo.

1 Comment

Os comentarios están pechados.