1.– Principal trazo do seu carácter?
-A facilidade coa que me entusiasmo cos proxectos novos.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A lealdade.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Correspondencia no amor e na lealdade.
4.– A súa principal eiva?
-Teño un xenio do demo.
5.– A súa ocupación favorita?
-Ler, o cinema… E calquera traballo que se faga coas mans.
6.– O seu ideal de felicidade?
-A felicidade dos meus.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-A perda do amor dos meus.
8.– Que lle gustaría ser?
-Director de orquestra.
9.– En que país desexaría vivir?
-Neste sempre, e mellor sendo a nación dona de si.
10.– A súa cor favorita?
-A vermella?
11. – A flor que máis lle gusta?
-A chorima ou a queiroga cando pintan de amarelo e de purpura a aba dos montes.
12.– O paxaro que prefire?
-A laverca cando, na planta das patacas, cantaba, case inmóbil, aló no máis alto do ceo.
13.– A súa devoción na prosa?
-Cunqueiro, Stevenson…
14.– E na poesía?
-Cunqueiro, Pimentel, Díaz Castro, Tovar…
15. Un libro?
–A illa do tesouro, Merlín e familia…
16.– Un heroe de ficción?
-John Silver.
17.– Unha heroína?
-Sherezade.
18.– A súa música favorita?
-A clásica, o jazz… e todas as cantoras e cantores galegos.
19.– Na pintura?
-Caravagio, Velázquez, Picasso, Magrite, Renoir…
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Calquera home ou muller que se repoña fronte a adversidade.
21.– O seu nome favorito?
-María.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A soberbia.
23.– O que máis odia?
-A humillación do débil e a cobiza dos poderosos.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Todos aqueles que fixeron e fan que un pobre pase fame para que un rico viva mellor.
25.– Un feito militar que admire?
-Sierra Maestra.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-Habelencia para a música e tocar o piano.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Mirando a morte cos ollos abertos.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Cambiante.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-A nugalla e a indulxencia que dita o amor.
30.– Un lema na súa vida?
-Non fagas mal a ninguén (que me dicía meu pai).
1 Comment
Os comentarios están pechados.