1.– Principal trazo do seu carácter?
-Calar até poder dicir todo o que teño dentro.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A sinceridade.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Pouco e moito.
4.– A súa principal eiva?
-A falta de paciencia.
5.– A súa ocupación favorita?
-Ler.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Que sexa soportábel a vida.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-O que me está pasando que me impide vivir en liberdade.
8.– Que lle gustaría ser?
-A razón.
9.– En que país desexaría vivir?
-Nunha aldea de Galiza, nun bosque pequeno e verde onde vivir Galiza plenamente.
10.– A súa cor favorita?
-O azul forte propio dos mariñeiros.
11. – A flor que máis lle gusta?
-A rosa da cor do viño tinto.
12.– O paxaro que prefire?
-O ruiseñor.
13.– A súa devoción na prosa?
-Os escritores que acompañaron o tempo da xeración do 27.
14.– E na poesía?
-A xeración do 27.
15. Un libro?
-A poesía de Federico García-Lorca.
16.– Un heroe de ficción?
-Ningún.
17.– Unha heroína?
-Ningún.
18.– A súa música favorita?
-Primeiro Bach e despois o jazz.
19.– Na pintura?
-Velázquez.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Calquera ser decente e de verdade.
21.– O seu nome favorito?
-Rosalía.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A mentira.
23.– O que máis odia?
– A mentira mal intencionada que vai deixando a xente ao pé da escaleira.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Hitler.
25.– Un feito militar que admire?
-Ningún.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-O de conseguir superar a preguiza.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Durmindo coma a miña avoa.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-A tristura.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-Ningún.
30.– Un lema na súa vida?
-Vivir a pesar de.
* O meu agradecemento a Mercedes Queixas pola xenerosa colaboración prestada.
1 Comment
Os comentarios están pechados.