Conclúo esta serie dedicada a visibilizar algúns manuscritos rosalianos coa incorporación dunha carta exhumada de Rosalía de Castro a Manuel Murguía, tirada do libro Inéditos de Rosalía, que publicou Juan Naya a comezos dos anos cincuenta. A carta, sen data e reproducida facsimilarmente tan só nas dúas primeiras páxinas, resulta moi interesante e non é, loxicamente, inocente no que se refire á imaxe que a través dela se quixo divulgar da propia Rosalía (abaixo reprodúcese a transcrición que realizou o propio editor do volume).
1 Comment
Os comentarios están pechados.