Cuestionario Proust: Marga Romero

Marga Romero

1.– Principal trazo do seu carácter?
-A independencia.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A honestidade.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Amizade.
4.– A súa principal eiva?
-A teimosía.
5.– A súa ocupación favorita?
-Escribir.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Liberdade, igualdade e fraternidade.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Ser dependente.
8.– Que lle gustaría ser?
-Escritora.
9.– En que país desexaría vivir?
-En Galiza e desde Galiza andar polo mundo.
10.– A súa cor favorita?
-Vermello.
11. – A flor que máis lle gusta?
-A flor da laranxeira.
12.– O paxaro que prefire?
-O rousinol.
13.-A súa devoción na prosa?
-Neste momento, Christa Wolf.
14.– E na poesía?
-Hoxe, Xela Arias.
15. Un libro?
As décadas de T. L.
16.– Un heroe de ficción?
-Hermes.
17.– Unha heroína?
-Casandra.
18.– A súa música favorita?
-O jazz.
19.– Na pintura?
-Maruxa Mallo.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Leymah Gbowee.
21.– O seu nome favorito?
-Tamiru.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A mentira.
23.– O que máis odia?
– O machismo.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Rouco Varela.
25.– Un feito militar que admire?
-Ningún.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Conservar o sentido para poder ler e escribir até a morte.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Sen dor, consciente, diante dunha paisaxe fermosa e con serenidade.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Nesta época o optimista.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-A ignorancia inocente.
30.– Un lema na súa vida?
-Independencia. Vive e deixa vivir!