Os recursos (publicitarios) de Google

Google constitúe hoxe un grande imperio que estende os seus brazos por todo o mundo. Boa proba disto é o vídeo que abaixo reproduzo, visto por máis de dez millóns de persoas até o de agora, onde o buscador promove un vídeo partindo da partición de territorios coloniais do Reino Británico producida en 1947 que creou os estados independentes da India e Paquistán. Este é o fondo que serviu para elaborar unha historia de encontros baixo o título de “Google Search: Reunion” onde o buscador vén sendo, claro é, o gran protagonista.