Cuestionario Proust: Fran Alonso

 Fran Alonso

 1.– Principal trazo do seu  carácter?
-O fragmentarismo.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A honestidade, a comprensión.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Viño e conversa.
4.– A súa principal eiva?
-É tan principal que ten moitas  ramificacións.
5.–  A súa ocupación favorita?
-Ler.
6.–  O seu ideal de felicidade?
-Ser infeliz só moi de cando en cando.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Vivir levándome mal comigo mesmo.
8.– Que lle gustaría ser?
-Escritor.
9.– En que país desexaría vivir?
-En case todos.
10.– A súa cor favorita?
-No outono ou na primavera?
11. – A flor que máis lle gusta?
-A da entreperna non está nada mal.
12.– O paxaro que prefire?
-Os da miña infancia: o paporrubio e o verderol.
13.– A súa devoción na prosa?
-A palabra xusta.              
14.– E na poesía?
-Que un poema pida relectura.
15. Un libro?
«Eu son moitos libros», de Cibrán Silleiro.
16.– Un heroe de ficción?
-Pipi Calzaslargas.
17.– Unha heroína?
-Non me gustan as drogas: nin a heroína nin a cocaína.
18.– A súa música favorita?
-A que se converte en parte de min.
19.– Na pintura?
-A que non é compracente.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Todos os heroes ou heroínas son ficción.
21.– O seu nome favorito?
-Os das miñas fillas.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A hipocrisía, a mentira, o egoísmo.     
23.– O que máis odia?
-Odiar.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Adolf Hitler.
25.– Un feito militar que admire?
-A disolución dos exércitos.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-Don algodón, para suavizar a miña voz.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Por unha luz cegadora, un disparo de neve.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Este 😉
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
Todos os que non sexan malintencionados.
30.– Un lema na súa vida?
-Un dejà vu: «Vive e deixa vivir». 

1 Comment

Os comentarios están pechados.