A facultade de rir

Hai un ano desexaba ferrados de imaxinación e de optimismo para estes días e para o vindeiro ano, ao que engado saúde e, na medida das posibilidades de cadaquén, que coidemos os produtos culturais de noso e entre eles os libros galegos, abofé.

        Dicía onte Brétemas que sorrir é un xeito estupendo de coidar o corazón. Eu tampouco  teño dúbida das potencialidades terapéuticas do riso e do sorriso malia que as circunstancias e algunhas vontades e decisións queiran arrombalo das nosas vidas. Por tanto aí vai un vídeo de risos, para que non nos priven da facultade de rir, co que agradezo a atención de todas as persoas que vos pasades por aquí e a de quen se dirixiron a min con mensaxes garimosas estes días. Todos os meus afectos para vós.

2 Comments

Os comentarios están pechados.