"Poema cantado", de Iria Bragado de Jesús

Alegroume saber hai uns meses de Iria Bragado de Jesús, de quen nada sabía tras o seu paso polas aulas do IES Valadares en Vigo. Chégame a noticia de que forma parte do chamado colectivo “Penúltimo acto” (acción poética) e que xa publicou algúns textos dramáticos e outros poéticos. Ao fío da súa vinculación coa escrita déixovos aquí este “Poema cantado” no que interpreta a súa propia composición, que incorporo textualmente abaixo. Grazas e boa andaina no futuro para Iria!

E meu Amor esta vida,
este un mundo, de mentiras.
Son meu amor estes tempos,
o soño do falecemento.

O soño do demo que mata,
e morre no propio veleno.

E súa man a que tapa meus beizos,
e esa a man que afoga,
e esa a man que mata.

Son todas estas as almas tamén,
que viven no máis cruel inferno.

Son estas as almas caladas,
son estas as almas durmidas,
son estas as almas mancadas.

E meu amor tan difícil,
rematar coas moedas.
Se todo o pobo se erguera, Amor,
o Amor se faría na terra.

Son meu amor as mentiras,
os enganos, que nos atan.
É a prisión do diñeiro,
opresor que nunca marcha.

Eses teus ollos que choran, Amor,
choran por todas as almas.
Que sen sabelo camiñan,
da man da Santa Compaña.

E a túa pel, e o teu corazón,
e os narices e as almas,
esperten do soño e se ergan,
contra o demo que nos mata.

Quizais algún día me erga eu tamén,
e mire que ergueita eu son máis ca el,
e que se se ergueran todas as irmás,
e todas as almas contra o capital.

Os demos e as bruxas, abono,
e as árbores brotan no mundo,
e os soños vividos na terra,
pol@s fill@s que alimenta.

E este puño, meu puño, Amor,
o puño que manda aos infernos,
ao capital que é o meu opresor,
para que morra no meu corazón.

Iria Bragado