Cuestionario Proust: Dolores Redondo Meira

Dolores Redondo Meira

1.– Principal trazo do seu carácter?
– Son valente.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– O valor, fundiría nun forno todos os covardes e asfaltaría as rúas co resultante, aínda que sairía pouca cousa.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Bondade, hai tempo que só me rodeo de boas persoas. Vaime moi ben.
4.– A súa principal eiva?
– Non teño demasiada paciencia, máis ben pouca.
5.– A súa ocupación favorita?
– Pensar.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Espertar sen espertador nunha mañá solleira oíndo os risos da miña familia na cociña.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Espertar unha mañá sabendo que nunca as volverei oír.
8.– Que lle gustaría ser?
– Escritora.
9.– En que país desexaría vivir?
– Neste.
10.– A súa cor favorita?
– Branco.
11. – A flor que máis lle gusta?
– Os chuchameles.
12.– O paxaro que prefire?
– A andoriña.
13.– A súa devoción na prosa?
– En constante cambio, non podería definilo, aínda que supoño que esta é tamén unha definición.
14.– E na poesía?
As flores do mal.
15.– Un libro?
Os tipos duros non bailan (Norman Mailer).
16.– Un heroe de ficción?
-Batman, porque non ten superpoderes, só unha decisión firmemente tomada e valor.
17.– Unha heroína?
– A inspectora Amaia Salazar.
18.– A súa música favorita?
– Desde o rock á opera…
19.– Na pintura?
– “Les raboteurs de parquet”, por exemplo. Camille Pissarro e o seu tratamento da luz paréceme incrible.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Ese policía que aparece nas imaxes do accidente de Santiago sentado no chan, abatido, esgotado, afundido; ese a quen non lle deron medalla ningunha para lla dar a un toureiro de salón. Es o meu heroe, o meu respecto e admiración para ti, gustaríame coñecer o teu nome e o dos teus compañeiros para os poñer aquí.
21.– O seu nome favorito?
– Eduardo, é o nome do home que amo.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– Os que van polo mundo coma se estivesen sós, sen pensar nunca nos demais.
23.– O que máis odia?
– Cada vez que me decato de que odio me reprendo moito. Intento con todas as miñas forzas non odiar. Afea moito.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– O certo é que se Hitler non nacese pois aforrariamos moita dor.
25.– Un feito militar que admire?
A batalla das bólas de neve pola que os franceses tomaron Pamplona, non é que me alegre, pero enredaron á garda xogando a guindarse bólas e tomaron a fortaleza sen un só tiro. Esas e as das almofadas son as batallas que máis me prestan.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Gustaríame ser quen de compor música, crear unha canción paréceme fascinante.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Consciente, quero sabelo.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Contenta e alerta, non hai que se distraer…
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-Non cales, senón máis ben en quen, aos que amo podo lles xustificar algúns.
30.– Un lema na súa vida?
– Aurrera!!! En éuscaro é o lema da comisaría real na que a miña inspectora traballa na ficción. Adiante!! Sigamos!! Avancemos!!