Cuestionario Proust: Iolanda Zúñiga

Iolanda Zúñiga

1.– Principal trazo do seu carácter?
– Obsesivo.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– Que teñan cartos.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Que me permitan tirar proveito dos seus cartos.
4.– A súa principal eiva?
– Non saber cociñar. Non querer aprender a cociñar.
5.– A súa ocupación favorita?
– Ver vídeos porno.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Vivir dopada con diazepam 10 mg.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Sobrevivir alén dos trinta anos. Xa estou a vivir en desgraza.
8.– Que lle gustaría ser?
– Un ourizo cacho en estado de hibernación.
9.– En que país desexaría vivir?
– En Mordor.
10.– A súa cor favorita?
– O óxido.
11. – A flor que máis lle gusta?
– As flores plásticas dos nichos que ninguén visita o Día de Defuntos.
12.– O paxaro que prefire?
– Galiña de curral choca.
13.– A súa devoción na prosa?
– Manual de instrucións da mesa auxiliar LACK, de Ikea.
14.– E na poesía?
– Dry Martini SA (Sexo Anal), de Nacho Vegas.
15.-  Un libro?
– O catecismo: forxou quen hoxe son.
16.– Un heroe de ficción?
– Patán, o can de risa asmática de Pierre Nodoyuna.
17.– Unha heroína?
– “Clara… de noche”.
18.– A súa música favorita?
– As bucinas dos barcos no porto do Vigo.
19.– Na pintura?
– Un graffiti que lin no asfalto de París mentres ía acompañada dun tipo cuxo maior pasatempo consistía en menosprezarme: “je suis la femme de ma vie”.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Lorena Bobbitt.
21.– O seu nome favorito?
– Smith & Wesson.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– Carencia de empatía.
23.– O que máis odia?
– Á especie humana.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Deus.
25.– Un feito militar que admire?
– Os combates entre clicks de Playmobil.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Morrer agora sen que sufra a única persoa que considero non debe sufrir máis.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Comendo Donuts, antes de que unha multinacional absorba Panrico.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Desinterese maiúsculo.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Ningún; os “defectos” son subxectivos e os peores adoitan ser invisibles.
30.– Un lema na súa vida?
– “Espérote no inferno”.

2 Comments

  1. Qué delicia saber que hai xente que non está instalada na militancia permanente e ten a afouteza de se aventurar por outras ordes cósmicas e delirios fantásticos. Non hai Rosalías, nin Galizas soberanas, nin chorimas ou curuxas ou feminismo vaidoso de postureo, non hai típicas respostas de escritor posando para a eternidade. Hai desgarro, orixinalidade, sinceridade, temor e temblor, valados derrubados, soberana mexada sobre o latifundio e o mofo da bandeira. Non lin nada desta rapaza e quizais non son digno, pero unha resposta dela basta para sanarme.

Os comentarios están pechados.