O Cuestionario Proust en Eirado-Zigzag

Tino Santiago convidoume a dialogar un chisco no programa Eirado-Zigzag que se emitiu hoxe na TVG. Foi un pracer e unha alegría inesperada que o Cuestionario Proust se convertese en noticia: unha iniciativa que tan só pretende achegarse informalmente á personalidade das persoas que escriben neste país, ou que practican outras manifestacións artísticas como máis adiante se irán incorporando.

        Tivemos ocasión, asemade, de dialogar sobre outros asuntos que ocupan esta bitácora como o “Taboleiro do libro galego”, “Manuscritos” ou os textos de crítica ou información literaria que aquí se van dando a coñecer.

       Grazas, pois, polo convite para participar no programa e desde aquí estendo o meu agradecemento tanto a todas as persoas que fixeron, fan e farán posible a continuidade desta sección como a quen se deixa caer por este blog. Premendo aquí pode visionarse a entrevista.