Manuscrito-bosquexo: Castelao

Mañá cumpriranse sesenta e catro anos do falecemento de Castelao no Hospital do Centro Galego de Bos Aires.  Sirva este bosquexo dun deseño, acompañado duns apuntamentos caligráficos e destinado á serie de ilustracións  Os debuxos de negros, feitos en Cuba e en Norteamérica, como  evocación e recoñecemento da súa figura e obra.

     Agradezo a autorización para reproducilo á Fundación Penzol,  onde está depositado no fondo Castelao ([Ca. 1938-1947]. Folla 53, recto). 

1 Comment

Os comentarios están pechados.