Cuestionario Proust: Francisco X. Fernández Naval

 (Foto: Maribel Longueira, fragmento)

Francisco X. Fernández Naval

 1.– Principal trazo do seu  carácter?
-Se cadra, a constancia.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A lealdade.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Cariño e comprensión.
4.– A súa principal eiva?
-Algo máis de decisión.
5.–  A súa ocupación favorita?
-Camiñar, só ou en compañía.
6.–  O seu ideal de felicidade?
-Compartir o bo e o malo da vida cos seres queridos.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Ficar absolutamente só.
8.– Que lle gustaría ser?
-Músico.
9.– En que país desexaría vivir?
-Nun que non me doese.
10.– A súa cor favorita?
-Poñamos a azul.
11. – A flor que máis lle gusta?
-Xasmín.
12.– O paxaro que prefire?
-Permíteme dous: o merlo e o paporroibo.
13.– A súa devoción na prosa?
-… Borges?
14.– E na poesía?
-… Avilés de Taramancos?
15.- Un libro?
O caderno dourado.
16.– Un heroe de ficción?
-Sam Spade.
17.– Unha heroína?
-Anna Karenina.
18.– A súa música favorita?
-Os cuartetos de Beethoven.
19.– Na pintura?
-Chagal.
20.–  Un heroe ou heroína na vida real?
-Históricos: Gandhi e Mandela. Na actualidade a vida real está chea de heroes anónimos. 21.– O seu nome favorito?
-Daniel.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A calumnia e a difamación.
23.– O que máis odia?
-A inxustiza, expresada como: guerra, fame, persecución, explotación, tiranía, absolutismo…
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Franco.
25.– Un feito militar que admire?
-A resistencia contra o fascismo.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-Simpatía.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Durmido.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Tranquilo.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-Todos.
30.– Un lema na súa vida?
-Vivir.

1 Comment

Os comentarios están pechados.