"Unha Galicia vivida", na homenaxe a Del Riego na RAG

Participei este pasado día 7 de xaneiro na homenaxe que se lle tributou a Francisco Fernández del Riego na sede da Real Academia Galega convidado pola devandita institución, cuxas instalacións nunca pisara na condición de convidado.

      Hoxe coñecín algunha crónica acaída do acto como a que asina Rodri García nas páxinas de La Voz de Galicia ou as notas anónimas das webs tanto da propia Real Academia Galega como a da Editorial Galaxia. A estes textos remito para as persoas interesadas en coñecer un resumo dalgunhas das palabras que alí se pronunciaron.

      Pola miña parte só quero tan só estender o meu agradecemento público pola invitación recibida para participar neste acto co que saldei, non enteiramente e só nunha modesta parte, o que entendía como unha débeda coa Fernández del Riego. Grazas a quen mo permitiu e grazas a Malós Cabrera polas fotografías.