Cuestionario Proust: María López Sández

María López Sández

1.– Principal trazo do seu carácter?
– A alegría (aínda que non haxa motivos).
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– O respecto da liberdade allea.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Afecto respectuoso.
4.– A súa principal eiva?
– Querer abranguelo todo.
5.– A súa ocupación favorita?
– Pensar, ler, bailar.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Un verán inacabable, con libros, mar, nenos, xogos e erotismo.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– A que non me atrevo a pensar ou nomear.
8.– Que lle gustaría ser?
– Unha nube.
9.–En que país desexaría vivir?
– Galicia.
10.– A súa cor favorita?
– Vermello.
11. – A flor que máis lle gusta?
– A rosa.
12. – O paxaro que prefire?
– A gaivota.
13. – A súa devoción na prosa?
– Kazuo Ishiguro.
14. – E na poesía?
– Aínda estou na procura.
15.- Un libro?
Non me deixes nunca.
16. – Un heroe de ficción?
– Holden Caufield.
17. – Unha heroína?
– Kath (en Non me deixes nunca).
18. – A súa música favorita?
– Rítmica, sensual e bailable.
19. – Na pintura?
– Caspar Friedrich.
20. – Un heroe ou heroína na vida real?
– Malala.
21. – O seu nome favorito?
– Aldara.
22. Que hábito alleo non soporta?
– A maledicencia.
23. – O que máis odia?
– O paternalismo.
24. – A figura histórica que máis despreza?
-Hitler.
25. – Un feito militar que admire?
– A resistencia pasiva.
26. – Que don natural lle gustaría ter?
Talento para o baile.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Vella, sentada nunha cadeira, cun libro fronte ao mar.
28. – Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Ilusionada.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– A preguiza.
30. – Un lema na súa vida?
– A vida mídese fronte á nada.

1 Comment

Os comentarios están pechados.