Cuestionario Proust: Antón Pulido

Nota previa: o Cuestionario Proust naceu baixo a intención de realizar unha achega na rede co obxectivo de visibilizar aspectos da personalidade de quen alicerzan, co seu traballo, a actividade literaria ou editorial contemporánea. A porta ábrese hoxe a  persoas que se sitúan noutras ordes creativas e artísticas propias.

Antón Pulido

1.– Principal trazo do seu carácter?
-Ver o lado positivo das cousas.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A autenticidade.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Que me transmitan a sensación da súa presenza.
4.– A súa principal eiva?
-Non sabería escoller.
5.– A súa ocupación favorita?
-Pintar.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Que as esperanzas se adecúen ás posibilidades.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-A morte dos meus.
8.– Que lle gustaría ser?
-Artista.
9.– En que país desexaría vivir?
-Encántame Galicia.
10.– A súa cor favorita?
-Amarela.
11. – A flor que máis lle gusta?
-A flor violeta dos estoupos.
12.– O paxaro que prefire?
-O lurbión, que é como lle chaman ó ouriolo en Bóveda de Amoeiro.
13.– A súa devoción na prosa?
-Dostoievsky, Otero Pedrayo.
14.– E na poesía?
-César Vallejo, Gamoneda, Curros Enríquez.
15.– Un libro?
Os irmáns Karamazov.
16.– Un heroe de ficción?
-Ulises.
17.– Unha heroína?
-Sherezade.
18.– A súa música favorita?
-Schubert, Sibelius, Shostakóvich.
19.– Na pintura?
-Picasso, Matisse, Rothko.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Padre Damián de Molokai.
21.– O seu nome favorito?
-Antón, María, Simón.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A hipocrisía.
23.– O que máis odia?
-A falsidade.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Toda a que masacrara ós seus semellantes.
25.– Un feito militar que admire?
-Cando se firma a paz.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-Nos tempos que corren, gustaríame ter o don de facer milagres.
27-. De que maneira lle gustaría morrer?
-De ningunha.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-O optimismo.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-Os provocados pola inocencia.
30.– Un lema na súa vida?
-A sorte hai que saír a buscala.

1 Comment

Os comentarios están pechados.