1.– Principal trazo do seu carácter?
– Entusiasmo.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– A cultura.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Ser correspondida.
4.– A súa principal eiva?
– Inconstancia/Impaciencia.
5.– A súa ocupación favorita?
– Probar novas aplicacións tecnolóxicas.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Ter todo o tempo do mundo.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Ser fisicamente dependente.
8.– Que lle gustaría ser?
– Unha boa profesora.
9.– En que país desexaría vivir?
– No meu sen conflito lingüístico.
10.– A súa cor favorita?
– Vermella.
11. – A flor que máis lle gusta?
– Papoula.
12.– O paxaro que prefire?
– O aire non é o meu elemento, digamos que o moucho.
13.– A súa devoción na prosa?
– Unamuno.
14.– E na poesía?
– Kavafis.
15.- Un libro?
– Carta a unha descoñecida de Stefan Zweig.
16.– Un heroe de ficción?
– Atticus Finch (To Kill a Mockingbird).
17.– Unha heroína?
– Charlotte Vale (Now, voyager).
18.– A súa música favorita?
– Rachmaninov: Rapsodia sobre un tema de Paganini.
19.– Na pintura?
– Leandro.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– María Reimóndez.
21.– O seu nome favorito?
– Ti.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A incompetencia.
23.– O que máis odia?
– A incompetencia.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Franco.
25.– Un feito militar que admire?
– A revolución francesa vale?
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– A elegancia.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Durmindo.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Alegre.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– A ignorancia.
30.– Un lema na súa vida?
– Sempre fica un pouso.