As retiradas (literarias)

Nestes días pasados algúns escritores decidiron manifestar publicamente o abandono do cultivo literario ou, cando menos, interromper voluntariamente e de vez a dinámica das súas publicacións. Ao fío destas decisións Xesús Fraga formulounos a Carlos G. Reigosa, Martínez de Pisón e mais a quen isto escribe unha cuestión concreta: “sería preferible que un artista renuncie a seguir creando a cambio de preservar o nivel de excelencia dunha longa carreira?”.

        Deixo nesta ligazón o artigo do xornalista betanceiro que ve a luz hoxe nas páxinas culturais de La Voz de Galicia. Obrigado pola posibilidade de pronunciarme sobre esta cuestión, que sempre me pareceu ben interesante.