Manuscritos inéditos de Rosalía de Castro

Recollo e difundo unha noticia que fai referencia á publicación dos Manuscritos inéditos de Rosalía de Castro que vén de pór tamén na rede a propia Real Academia Galega. Os manuscritos, acompañados de dous artigos que explican o achado e estudan os textos a cargo de Henrique Monteagudo e María Xesús Lama, pódense ler premendo aquí. Teño para min que é esta unha excelente noticia que esta bitácora non podía deixar de recoller.