Cuestionario Proust: Miguel Ángel Alonso Diz

Miguel Ángel Alonso Diz

1.– Principal trazo do seu carácter?
– Honestidade.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– Bondade.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Que sexan boas persoas.
4.– A súa principal eiva?
– A ignorancia. Fáltanme moitas lecturas.
5.– A súa ocupación favorita?
– Ler, escribir, xogar ao baloncesto.
6.– O seu ideal de felicidade?
– “Un abrazo de familia”. A miña muller e a miña filla entenderán esta resposta.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Perder a miña familia.
8.– Que lle gustaría ser?
– O que son. Eu xa atopei meu camiño.
9.– En que país desexaría vivir?
– Nunha Galicia decidida, valente, que non educara @s seus fill@s para marchar; respectuosa con outras identidades e orgullosa da súa.
10.– A súa cor favorita?
– Direi que a mestura do azul ceo, as verdes follas e o marrón do chan. Inda que para vestir sen dúbida o negro.
11. – A flor que máis lle gusta?
– Gusto de todas.
12.– O paxaro que prefire?
– A anduriña.
13.– A súa devoción na prosa?
– Xosé Neira Vilas.
14.– E na poesía?
– Celso Emilio Ferreiro.
15.- Un libro?
Querido Tomás.
16.– Un heroe de ficción?
– Luke Skywalker.
17.– Unha heroína?
– Princesa Leia Organa. Dende pequeno quedei engaiolado pola súa fortaleza e determinación.
18.– A súa música favorita?
– The Beatles. The Doors.
19.– Na pintura?
– Salvador Dalí. Pero podería dicir Goya ou Velázquez.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– A miña muller.
21.– O seu nome favorito?
– Esther.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A falsidade e a cobiza sen medida por riba de todo e de tod@s.
23.– O que máis odia?
– As miserias do ser humano. Pero non sei se podo albergar odio onde hai tanto amor.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Posiblemente a Hitler.
25.– Un feito militar que admire?
– Numancia. Pola súa resistencia e valor da liberdade. Pero non creo que poida admirar ningún feito militar.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Pintar e tocar algún instrumento musical.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Despois de facer o meu percorrido vital. En anciá idade e cos meus seres queridos. Inda que hei de confesar que non quero morrer nin que morran os demais.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Ultimamente felizmente canso.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– O medo. É normal ter medo até atopar o camiño. Coñezo ben a sensación. E o medo é un defecto que non deixa medrar a alma.
30.– Un lema na súa vida?
– As cousas son como son até que deixan de selo. Sempre cuestiono as realidades que vivo e nunca collo autoestradas na vida.  O camiño do oficio é un camiño longo que desexo percorrer.

1 Comment

  1. Encantoume. Cáseque tanto como me encanta a persoa que está detrás, valente, decidida e traballadora. Un artista honesto, este Miguel Ángel. Unha aperta!

Os comentarios están pechados.