1.– Principal trazo do seu carácter?
– Mesura, entusiasmo, afectividade.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– A boa fe, a humildade, a intelixencia, o humor.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Axuda mutua, lealdade.
4.– A súa principal eiva?
– O medo preventivo.
5.– A súa ocupación favorita?
– Pasear, sexo, creación (só ou en compaña), comer.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Unha vida serena, con cariño e algún que outro exceso.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– A doenza, propia ou dos seres queridos.
8.– Que lle gustaría ser?
– Un pouco máis libre, un pouco máis tranquilo.
9.– En que país desexaría vivir?
– Váleme neste, nalgunha vila mariñeira, e tamén me vale Colombia, Edimburgo ou o Porto. Onde estean os e as amigas.
10.– A súa cor favorita?
– Negros, grises, azuis… Depende. E os contrastes.
11. – A flor que máis lle gusta?
– A da camelia. E unha carnosa á que non lle sei o nome.
12.– O paxaro que prefire?
– Colibrí, loro e pardal.
13.– A súa devoción na prosa?
– Cortázar, Zambrano, Cunqueiro… Moita xente.
14.– E na poesía?
– Valente, Michaux, Manuel Antonio, Oroza, Pessoa, Estevo Creus…
15.- Un libro?
– La guerra del fin del mundo, Livro do Desassossego, Grupo Abeliano, Ferdydurke, Gestos y Opiniones del Doctor Faustroll, etc.
16.– Un heroe de ficción?
– Mortadelo, Supercoco.
17.– Unha heroína?
– La cerdita Peggy.
18.– A súa música favorita?
– John Coltrane, Rodrigo Leão, Philip Glass, Golpes Bajos, os Beatles, Dios Ke Te Crew, Stockhausen, Amancio Prada.
19.– Na pintura?
– Non teño suficiente criterio.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Os meus irmáns.
21.– O seu nome favorito?
– Omar, Catarina, Mariña, Camilo, Telma.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A soberbia, a prepotencia, a hostilidade, a maledicencia.
23.– O que máis odia?
– A crueldade.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Os Reis Católicos. Por dicir algo.
25.– Un feito militar que admire?
– A revolução dos cravos? O movemento zapatista? Nin tampouco.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– A paz interior.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Prácido, durmido ou drogado.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– A expectación, o ánimo.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– A gula, a inxenuidade.
30.– Un lema na súa vida?
– Nunca se sabe.