Cuestionario Proust: Charo Portela

Charo Portela

1.– Principal trazo do seu carácter?
– O sentido común.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– A lealdade.
3.– Que agarda das súas amizades?
– O seu apoio e o seu cariño.
4.– A súa principal eiva?
– A inseguridade.
5.– A súa ocupación favorita?
– Investigar.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Viaxar cos meus e compartir cos amigos.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Prefiro non pensalo.
8.– Que lle gustaría ser?
– Arqueóloga.
9.– En que país desexaría vivir?
– No que vivo.
10.– A súa cor favorita?
– Azul.
11. – A flor que máis lle gusta?
– A rosa silvestre.
12.– O paxaro que prefire?
– Calquera das aves rapaces que vemos polos nosos montes.
13.– A súa devoción na prosa?
– Tantos e tan diversos: Rafael Dieste, Manuel Rivas, García Márquez, Fred Vargas, E. Mendoza, Vázquez Montalbán, Jorge Amado, Camus, St. Exupéry…
14.– E na poesía?
– Rosalía, Lorenzo Varela, Miguel Hernández, Antonio Machado.
15.- Un libro?
– É ben difícil escoller só un: Madame Bovary.
16.– Un heroe de ficción?
– Don Quixote.
17.– Unha heroína?
– Non teño.
18.– A súa música favorita?
– Soul, música popular cubana, Caetano Veloso, a música dos oitenta…
19.– Na pintura?
– Chagall, Monet, Picasso, Maruxa Mallo, Seoane, Díaz Pardo…
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Rosa Parks sería unha heroína pra min, mais tamén calquera nai en paro que saca adiante aos seus sen axuda.
21.– O seu nome favorito?
– Mar.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A arrogancia.
23.– O que máis odia?
– A hipocrisía.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Calquera ditador da nosa historia.
25.– Un feito militar que admire?
– Non admiro ningún.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– A simpatía, a flexibilidade.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Sen dor e sen causar problemas aos meus.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– A tranquilidade.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Os que teñen que ver coa idade.
30.– Un lema na súa vida?
– Hai que tirar pra diante.