Manuscrito: Chus Pato

Achégase hoxe a esta sección a poeta Chus Pato cun manuscrito poético inédito que, debido ás dinámicas habituais da creadora, moito se agradece.

        Quen subscribiu Carne de Levitán, en realidade, non escribe primeiramente nin en cadernos nin no ordenador pois tal e como confesa “o poema vaise formando na mente ao tempo das variadas actividades diarias e tamén en tempos nos que só me ocupo do poema, sucede camiñando; poderíase dicir que ese camiñar é un tempo case exclusivo do poema, é un camiñar de días, ás veces meses; cando o poema está feito escríboo no ordenador e alí adquire a súa forma final”. Velaquí ese “camiñar do poema” en mostra caligráfica, nova e única.