Manuscrito: Luís Pimentel

Hai algúns anos o profesor e investigador Antón Capelán agasalloume cun exemplar da edición orixinal de Sombra do aire na herba, de Luís Pimentel, publicado pola Editorial Galaxia no ano 1959. Un galano que moito apreciei pois, ao meu xuízo, a edición atesouraba certos ecos daqueles  libros que publicara a histórica editorial Nós de Ánxel Casal. Con todo, os tempos eran xa outros e a publicación contaba cunha magnífica cuberta na que se introducía a cor -o deseño é anónimo aínda que talvez viñese da man de Xohán Ledo-, pasando por incorporar un magnífico limiar de Celestino Fernández de la Vega e reproducir algúns manuscritos do poeta lucense. Recupero aquí un deles: o ben coñecido poema “Xogo ruín”.

1 Comment

Os comentarios están pechados.