"100% CEF no 102 aniversario"

Aser Álvarez segue a teimar na publicitación da figura e mais da obra de Celso Emilio Ferreiro para o que ideou e levou a cabo a publicación dun dobre DVD titulado “100% CEF no 102 aniversario“.

    O DVD escolle 102 testemuños concibidos como unha escolla de declaración sobre algúns aspectos relacionados co poeta de Celanova. Engádese a esta iniciativa unha versión reducida da longametraxe documental, “50% CEF, o poeta da vida”, orientada baixo o criterio de se presentar como unha ferramenta de utilidade didáctica e un “making of”, obra de Plácido Romero. De agasallo incorpórase unha curta sobre unha instalación artística dedicada a CEF que vén da man de Baldomero Moreiras e mais a videocreación “Noutrora”, obra de Xudit Casas. Beizón a Aser Álvarez por porfiar no agarimo dese lume que alampea.