Souben esta tarde que as dúas obras galegas que a Organización Española para o Libro Infantil propuxera para sumarse á prestixiosa lista de honra IBBY, foron consideradas positivamente para incorporarse a ese catálogo. Parabéns, pois, para as Palabras de auga, e para o seu autor, Marcos Calveiro, dentro da modalidade de escritores e pola magnífica versión en galego que Carlos Acevedo realizou dos Contos por teléfono de Gianni Rodari no apartado de traducións. Parabéns igualmente, ás editoriais, Xerais e Kalandraka respectivamente, que posibilitaron que estes títulos chegasen ás lectoras e lectores.