Cuestionario Proust: Álvaro Otero

 Álvaro Otero

1.– Principal trazo do seu carácter?
– Optimismo.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– Lealdade.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Ídem.
4.– A súa principal eiva?
-Inxenuidade.
5.– A súa ocupación favorita?
-A ensoñación.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Navegar polo océano xunto ao meu fillo.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– A morte dun ser querido.
8.– Que lle gustaría ser?
– Un home en paz consigo mesmo.
9.– En que país desexaría vivir?
– Neste.
10.– A súa cor favorita?
– O azul.
11. – A flor que máis lle gusta?
– Ningunha especialmente.
12.– O paxaro que prefire?
– O albatros.
13.– A súa devoción na prosa?
– Augusto Roa Bastos, entre moitas.
14.– E na poesía?
– Walt Whitman, entre moitas.
15.- Un libro?
Cemiterio mariño.
16.– Un heroe de ficción?
– Non creo nos heroes nin de ficción.
17.– Unha heroína?
– Ídem.
18.– A súa música favorita?
– Toda.
19.– Na pintura?
– J. Pollock.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– O mesmo que na 16 e 17.
21.– O seu nome favorito?
– Non teño.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A simpleza.
23.– O que máis odia?
– Non odio.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– A. Hitler e J. Stalin, entre outros.
25.– Un feito militar que admire?
– A conquista do espazo.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– O do encanto irresistible.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Sen dor.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-O animado.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– A ignorancia.
30.– Un lema na súa vida?
-Para adiante sempre.