Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Manuscrito: Eduardo Pondal

Renovou hai pouco tempo esta bitácora un acordo de colaboración coa Biblioteca Penzol e coa Biblioteca Museo Francisco Fernández del Riego. Deste xeito comeza hoxe outra xeira de apuntamentos que incorporará manuscritos da man dun feixe de representantes clásicos da nosa tradición literaria que, como neste caso concreto,  obran nos denominados “Fondos especiais” do Arquivo Fernández del Riego. Aí, por exemplo, custódiase este manuscrito de Eduardo Pondal, pertencente a un poema de Queixumes dos pinos  que conta con algunhas emendas da man do poeta (engádese abaixo a súa transcrición).

         Agradezo a colaboración xenerosa nesta iniciativa de difusión cultural a Francisco Domínguez, director da Fundación Penzol, e mais ao arquiveiro Benito Ramírez, pola súa dilixencia, amabilidade e eficiencia.

Da alma no fondo,
eu levo unhas cordas,
que a cada momento
soando están soas;
se estou vigilando,
ocúpanme as horas;
s’ en prácido sono
[o barro]
os membros repousan,
agítanse insomnes,
xa doces, xa roucas.

Advertisements

Un comentario en “Manuscrito: Eduardo Pondal

  1. Pingback: Manuscritos: Eduardo Pondal | ::Axenda cultural AELG::

Os comentarios están pechados.

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: