Cuestionario Proust: Santiago Jaureguizar

Santiago Jaureguizar

 1.– Principal trazo do seu carácter?
-O desencanto
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-O sentido do humor.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Fidelidade e que non me chamen a mediodía mentres estou comendo.
4.– A súa principal eiva?
-O mal carácter
5.– A súa ocupación favorita?
-Pasmar.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Todo o que acontece nos soños
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Quedarme sen café.
8.– Que lle gustaría ser?
-Corsario (marítimo)
9.– En que país desexaría vivir?
-En Estados Unidos, Alemaña, Gran Bretaña, Xapón,… en calquera potencia capitalista e moderna.
10.– A súa cor favorita?
-Vermella sangue.
11. – A flor que máis lle gusta?
-As calas que coidaba un meu avó vasco cando nos visitaba en Ribadeo
12.– O paxaro que prefire?
-O pardal. Son pardos e abundantes coma as ratas, pero voan e non amolan.
13.– A súa devoción na prosa?
-George Simenon, Norman Mailer, Xosé Cid Cabido.
14.– E na poesía?
-A poesía provócame baixóns de tensión, pero leo con gusto a Lois Pereiro.
15.- Un libro?
A illa do tesouro.
16.– Un heroe de ficción?
-Maigret.
17.– Unha heroína?
-A que consumía Lou Reed.
18.– A súa música favorita?
-Todo o que hai entre Corelli e Rage Against The Machine, incluído Miles Davis.
19.– Na pintura?
-El Greco, Rothko, Haring.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Os heroes e os deuses morreron na vella Grecia.
21.– O seu nome favorito?
-Calquera que non sexa o meu.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A falta de educación.
23.– O que máis odia?
-Que me falen polas mañás antes de tomar un café.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Os pistoleiros que mataban rojos en Ribadeo.
25.– Un feito militar que admire?
-Non sei que pode ter de admirable un feito militar. Interésame a derrota de Darío por Adriano.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-Don de xentes.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Caendo da cama.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Enfadado co mundo, somnolento.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-A contradición entre as ideas e os modos de vida.
30.– Un lema na súa vida?
-Un dito chinés: Unha viaxe de mil quilómetros empeza cun paso.

1 Comment

Os comentarios están pechados.