Risco segundo Risco, de Antón Risco e Arturo Lezcano

Antón Risco e Arturo Lezcano
Risco segundo Risco
Galaxia, Vigo, 2013, 124 páxinas, 15 €

 

Arturo Lezcano, por cousa da veciñanza na súa infancia ourensá, vía día a día aos Risco, acabando por amigar fraternalmente con Antón Risco. Dese trato común procede o interese en formularlle un feixe de preguntas ao amigo sobre o pai. Xuntouno con outro material e artellou esta conversa, alicerzada en cuestións que van desde a política á escatoloxía, das ideas filosóficas aos gustos estéticos, da figura do pai ata a obra que deixou. Páxinas inexcusables para coñecer  con solvencia ao autor de O porco de pé.

Esta breve noticia publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, o 7 de febreiro de 2014, baixo o título de “Os Risco fronte a fronte”.