Cuestionario Proust: Henrique Alvarellos

Henrique Alvarellos

1.– Principal trazo do seu carácter?
– A ardiente paciencia da que falaba Neruda.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– Autenticidade
3.– Que agarda das súas amizades?
-Afecto (obviamente) e sentido do humor.
4.– A súa principal eiva?
-Inseguridade?
5.– A súa ocupación favorita?
– O meu traballo (sic).
6.– O seu ideal de felicidade?
-A doce normalidade.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Ver sufrir de preto e non poder evitalo.
8.– Que lle gustaría ser?
-O que son (sen as devanditas eivas).
9.– En que país desexaría vivir?
– No que vivo.
10.– A súa cor favorita?
– Falando da percha, calquera escura (negro, marrón, azul).
11. – A flor que máis lle gusta?
– Mapoula espontánea na beira de calquera estrada.
12.– O paxaro que prefire?
– Vencello (sempre no máis alto de xuño…).
13.– A súa devoción na prosa?
– A boa prosa poética. Tamén o xornalismo literario. E o ensaio.
14.– E na poesía?
– Imposible elixir. Un quere poesía en todo. É unha vontade.
15.- Un libro?
– Segundo as épocas fóronme marcando varios e moi distintos: Quijote, Cien años de Soledad, a narrativa e a poesía de Cunqueiro (Herba aquí ou acolá), a poesía luguesa de Pimentel ou Novoneyra, De Catro a Catro, Música para camaleones, Mortal y rosa, Livro do desassossego
16.– Un heroe de ficción?
– Do cinema reteño dende a adolescencia a miña querenza por ser coma Jeremías Johnson.
17.– Unha heroína?
– As mulleres de Vermeer, por exemplo.
18.– A súa música favorita?
– O pop, o jazz clásico, o rock and roll.
19.– Na pintura?
– Os azuis de Lugrís, os ollos de Díaz Pardo e tamén de Modigliani, os trazos e as cores de Seoane, as cinzas de Nóvoa… En fin.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Todos os anónimos.
21.– O seu nome favorito?
-Pablo, Manuel e Marta.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– Falsidade (cuberta de sorriso).
23.– O que máis odia?
– Vid. 22.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-A de calquera ditador.
25.– Un feito militar que admire?
– Sen fuxir da pregunta, permíteme lembrar un refrán que adoitaba dicir meu pai: “Un general, por lo general, carece de cultura general”.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-Pintar.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Rápido (e, ao mesmo tempo, moi tarde).
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Optimismo (debe de ser xenético, porque non se entende).
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Os de “yo, mi, me, conmigo” (Ai, a vanitatis!).
30.– Un lema na súa vida?
– Cada día é un mundo que hai que percorrer.