Cuestionario Proust: Xosé Daniel Costas Currás

Xosé Daniel Costas Currás

1.- Principal trazo do seu carácter?
-A obsesión.
2.- Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A sinceridade.
3.- Que agarda das súas amizades?
-Respecto.
4.- A súa principal eiva?
-O rostro serio e a terquidade.
5.- A súa ocupación favorita?
-Gozar d@s amig@s.
6.- O seu ideal de felicidade?
-Gozar cada intre.
7.- Cal sería a súa maior desgraza?
-A morte.
8.- Que lle gustaría ser?
-Nada que non son.
9.- En que país desexaría vivir?
-Neste que vivo.
10.- A súa cor favorita?
-Negro.
11. – A flor que máis lle gusta?
-A rosa vermella de Yeats.
12.- O paxaro que prefire?
-O paíño.
13.- A súa devoción na prosa?
-Anxo Rei Ballesteros.
14.- E na poesía?
-Xosé Luís Méndez Ferrín.
15. Un libro?
Este é o tempo do sal (X. M. Millán Otero).
16.- Un heroe de ficción?
– Logan (Lobezno),  traguei moito Marvel.
17.- Unha heroína?
-Sarah Connor.
18.- A súa música favorita?
-Toda aquela que me di algo.
19.- Na pintura?
-Luís Seoane.
20.- Un heroe ou heroína na vida real?
– Alexandra David-Néel.
21.- O seu nome favorito?
-Sabela.
22.- Que hábito alleo non soporta?
-Que se fume diante das crianzas.
23.- O que máis odia?
-O maltrato.
24.- A figura histórica que máis despreza?
-Rouco Varela.
25.- Un feito militar que admire?
-A revolta irmandiña.
26.- Que don natural lle gustaría ter?
-A destreza e ritmo para tocar algún instrumento musical.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Sen que me rouben os recordos e a consciencia.
28.- Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Alegre, aínda que pola miña cara pareza estar enfadado sempre.
29.- Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-A ignorancia.
30.- Un lema na súa vida?
-Non perdas a capacidade de soñar.

1 Comment

Os comentarios están pechados.