Todas con Rosalía

Recibo na miña caixa de correo este vídeo que abaixo se incorpora: ao meu xuízo unha utilísima ferramenta para ir dispondo a celebración do Día de Rosalía. Parabéns a quen o idearon e participaron nel, entre as que vexo algunhas persoas que moito aprecio.

       Reproduzo a continuación a nota que a AELG acompaña ao vídeo: Neste novo vídeo colectivo teñen cabida palabras e músicas de mulleres, nenas, mozas e vellas. Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de tod@s e para tod@s nós, falando de quen aquí e agora sofren, seguindo o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente. As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei.

1 Comment

  1. Eu tamen estou con Rosalía.

    Que tristura tan grade ver a morea enorme de inxustizas que caen enriba da Galiza, sendo estas, aprobadas e sempre xustificadas e moitas emitidas, por nós os galegos.

Os comentarios están pechados.